12/4/09

Semana Santa

Ola a tod@s, hoxe ao espertar na miña cama e abrir os ollos non vin os meus pais ao meu carón, nin o sol no alto do ceo, nin sequera o arrecendo do almorzo buffet. Diredes, pero por que ías ver esas cousas na túa propia casa ? Iso débese a que esta semana estiven en Gran Canaria, unha illa do arquipélago canario a dúas horas e media en avión desde Santiago de Compostela.
Pero xa rematou todo, só quedarán na miña memoria os baños interminables nas cristalinas aguas das praias e as vistas do océano desde o ascensor panorámico do hotel. Todo termina e empeza de novo , pero hoxe, domingo de resurrección para min non é o mesmo, non teño ganas de nada. Só penso, mentres as lágrimas escorregan polas miñas meixelas, que a esas horas estaría torrándome ao sol de alá. Dado a súa proximidade ao deserto do Sáhara e ao Trópico de Cáncer, o verán xa chegou polas terras canarias. Mais onte cando cheguei de volta ao aeroporto, regresei de súpeto ao inverno galaico, con 8 graos e chubasqueiro deixei atrás o recordo da mañá en vestido de manga sisa e bañador na praia de Amadores (vémola baixo).Todo rematara. Ata a próxima.


Nos seguintes post que publicarei , poñerei as fotos máis bonitas e as anécdotas máis divertidas. Espero que vos gusten e vos animedes a visitar esta preciosa illa con forma de vieira que flota no medio do Atlántico.

2 comentarios:

hugo dijo...

eo maria venga representame

Anónimo dijo...

mola todo eso, me encanta la playa, como me gustaria visitarla