27/11/08

A miña avoa de top model !


Non o podo crer, toda a miña vida sen saber que tiña unha artista na familia e agora mándanme esta foto! É a miña avoa cando era nova, nunha montaxe feita pola miña tía Merchi! Xenial!



Disfrutade por un momento da fotografía e se queredes ver máis ide ao meu flicker!

25/11/08

Un lugar onde soñar!

Ola , queridos visitantes, hoxe quérovos ensinar un dos blogs máis orixinais que coñezo ( para a nosa idade!!). Chámase "El país de Paula" como xa podedes observar na imaxe. Neste blog, Paula, a miña amiga pon música, que ela mesma toca, fotos que lle gustan e máis cousas.
Gustaríame que o visitárades! Se vos interesa clicade na icona !!!



Bicos do meu mundo !!!

20/11/08

Amantes da natureza


Aquí podédesme ver disfrazadiña de hippy , coas gafas, o vestido con cores alegres e vistosas, a pañoleta cubríndome a longa melena de amante da natureza, as sandalias e o bolsiño de esparto feito a man por ecoloxistas.
Quen diría que son eu !
Hai máis fotos no meu flicker.

Volta aos anos 60 !!!


Fun retratada por warhol!!!

Non , non son unha vella, nen moito menos.
Tampouco ideei unha máquina do tempo, non señor.
Sei que o que pensades agora e que toleei.

- Ai! o que mellorou a informática nestes aniños (suspiro).
Mirade, non ten máis alá dun programa, destes inovadores pero útiles para rechear o tempo de ocio en autofotografiarte.

Ben, que vos divirtades no meu mundo!