28/2/09

Littlest Pet Shop


Estes animaliños deformados e con movento da cabeza conseguirán sacar o neno que levamos dentro, a súa ollada enternecerá a nosa alma e non seremos capaces de deixar de xogar con eles!
No mercado hai desde xogos para videoconsolas, Pc, peluches interactivos, cromos, coleccionables ata as indiscutibles figuriñas xa coñecidas en todo o mundo.
No meu fogar teño nada menos que 61 animais cos seus respectivos accesorios e parques.
Animádevos a xogar con eles, xa veredes que ben o pasades !

25/2/09

Slumdog Millionaire

cartel da película
O día antes de que se anuncianran os Oscars, fun ver a película Slumdog Millionaire, que recibiu 8 premios dos 10 aos que estaba nominada:

  • Mellor película.
  • Mellor director.
  • Mellor Banda Sonora.
  • Mellor canción.
  • Mellor guión adaptado.
  • Mellor fotografía.
  • Mellor montaxe.
  • Mellor son.
Tamén posúe catro globo de ouro.

Trata sobre un neno, Jamal Malik , que vive nun barrio pobre de Mumbai. Preséntase a un concurso na televisión (o mundialmente coñecido "¿Quién quiere ser millonario?") e cando chega a última pregunta a policía arréstao por un posíbel fraude, e el explica como sabía cada unha das respostas relacionándoo cunha experiencia da súa vida. Ao final consegue o amor que ansiaba.

Para min é unha das mellores películas que vin nos últimos anos. É moi dura e triste, nela vense reflexados moitos problemas da vida na India: a mafia de nenos, a morte, a pobreza e outros asuntos que desgarran o noso corazón. Despois de chorar e asustarse polas distintas situacións, poderemos disfrutar dun final de amor e felicidade. Non está recomendada para menores de 13 anos, pero como vedes, eu non fixen nin caso! O certo é que un ano máis ou menos vén dando igual pero eu tampouco a recomendo a nen@s pequenos.
Reconméndoa a toda ás persoas as que lles interese saber a dura realidade, a quen lle gusten os dramas romámticos e sobre todo a esa xente que quere pasar un bo rato vendo unha película cun gran paquete de flocos de millo!