5/8/09

As miñas vacacións.

O 24 de xullo marchei, o 1 de agosto volvín, mais a onde fun?
Un lugar ao norte de Europa, de alí son típicos os tulipáns, os muíños e o queixo, mais tamén fun a outros lugares preto dos que son típicos o chocolate e as salchichas respectivamente. Sabedes de que falo non?
Claro que si, o meu "hotel" estaba en Amsterdam (capital de Holanda), tamén fun a Bruxelas (capital de Bélxica) e a Colonia (Alemaña).

Espertei cedo na miña cama sabendo que por nove días non estaría aquí, contenta e animada vestinme, e marchamos a coller o voo A Coruña-Madrid-Amsterdam. Se antes dicía que o sitio mais fermoso que visitara fora Londres agora penso que é Amsterdam. Cando decides viaxar a un lugar semellante non sabes como vai ser nen que vas facer, pero mirade chegamos o venres e non sabiamos nada, nen onde comer, pero ao día seguinte sentiámonos amsterdaneses de puro sangue, isto débese a que todos son moi amables e a cidade aínda que grande é moi acolledora e fácil de percorrer. O mellor que fixemos foi ir aos sitios onde van eles, ver o que eles ven, pensar como eles e movernos nos seus transportes, a bicicleta, por exemplo.

As casas son moi bonitas, non hai edificios altos e todas coa súa forma típica,
quedaría a vivir alí.

Tamén fixemos excursións a Amberes, Bruxelas e Colonia. Demos paseos en barco polo canais da venecia do norte: AMSTERDAM.

Un lugar polo que chorei , co que rín e ao que amei, volverei ...