27/11/08

A miña avoa de top model !


Non o podo crer, toda a miña vida sen saber que tiña unha artista na familia e agora mándanme esta foto! É a miña avoa cando era nova, nunha montaxe feita pola miña tía Merchi! Xenial!



Disfrutade por un momento da fotografía e se queredes ver máis ide ao meu flicker!

25/11/08

Un lugar onde soñar!

Ola , queridos visitantes, hoxe quérovos ensinar un dos blogs máis orixinais que coñezo ( para a nosa idade!!). Chámase "El país de Paula" como xa podedes observar na imaxe. Neste blog, Paula, a miña amiga pon música, que ela mesma toca, fotos que lle gustan e máis cousas.
Gustaríame que o visitárades! Se vos interesa clicade na icona !!!



Bicos do meu mundo !!!

20/11/08

Amantes da natureza


Aquí podédesme ver disfrazadiña de hippy , coas gafas, o vestido con cores alegres e vistosas, a pañoleta cubríndome a longa melena de amante da natureza, as sandalias e o bolsiño de esparto feito a man por ecoloxistas.
Quen diría que son eu !
Hai máis fotos no meu flicker.

Volta aos anos 60 !!!


Fun retratada por warhol!!!

Non , non son unha vella, nen moito menos.
Tampouco ideei unha máquina do tempo, non señor.
Sei que o que pensades agora e que toleei.

- Ai! o que mellorou a informática nestes aniños (suspiro).
Mirade, non ten máis alá dun programa, destes inovadores pero útiles para rechear o tempo de ocio en autofotografiarte.

Ben, que vos divirtades no meu mundo!

18/10/08

Enlaces educativos.



Esta páxina ten moitos enlaces interesantes, os que máis me gustan son este sobre o corazón e outro sobre o corpo humano, pero hai moitos máis.

22/5/08

Día tras día


Como sabedes están vindo patiños á nosa fonte, o curioso é que veñen todos os venres, este venres volveron, xa van tres...

A ver se veñen este venres! ! !


máis sobre os nosos amigos: ánade azulón en pájaros de España

16/5/08

Google maps



Mirade o que poderemos facer cos mapas de Google!!

15/5/08

As especies máis perigosas



Son perigosas e non só no Mediterráneo. Vendo este cartel acordeime das tartarugas de Doñana.

2/5/08

Lavanco na fonte





Os venres 2 e 9 deste mes tivemos unhas curiosas visitas na nosa praza, ou máis ben na nosa fonte: dous patiños! Observeinos pola mañá e marcharon. Volveron á tarde varias veces. Os nenos dábanlles pan, gusanitos... Volverán?

29/4/08

Queen Elizabeth II

17:39 h


17:33 h

17/4/08

burbullas


Non serás capaz de estalar só unha!

9/4/08

Pinga de auga

3/4/08

Masacre de focas

Imaxe: 20minutos.es

Todos somos algo crueis, pero o destas persoas non ten nin pés nin cabeza, por onde o mires non ten sentido. Matar a mamíferos inofensivos por afán de lucro é o peoriño do mundo ¿Que nos fixeron eses pobres animais?
Mirade o que facemos co mundo!
¿Gustaríavos que alguén superior vos fixera iso?
Ah! xa o supoñía, claro que non!
A ninguén lle gusta iso.
¿Como cres que se sente esa pobre foca?
Espero que sirvan de algo as miñas palabras.

18/3/08

O mundo que me/nos espera...

28/2/08

Podcast


Estou intentando crear un podcast , pero custa moito e leva moito tempo. Tédeme paciencia! Pronto poderedes escoitar música super! Se queredes aprender vós, podedes mirar nesta páxina.

clica aquí

29/1/08

Non á caza do raposo