5/8/09

As miñas vacacións.

O 24 de xullo marchei, o 1 de agosto volvín, mais a onde fun?
Un lugar ao norte de Europa, de alí son típicos os tulipáns, os muíños e o queixo, mais tamén fun a outros lugares preto dos que son típicos o chocolate e as salchichas respectivamente. Sabedes de que falo non?
Claro que si, o meu "hotel" estaba en Amsterdam (capital de Holanda), tamén fun a Bruxelas (capital de Bélxica) e a Colonia (Alemaña).

Espertei cedo na miña cama sabendo que por nove días non estaría aquí, contenta e animada vestinme, e marchamos a coller o voo A Coruña-Madrid-Amsterdam. Se antes dicía que o sitio mais fermoso que visitara fora Londres agora penso que é Amsterdam. Cando decides viaxar a un lugar semellante non sabes como vai ser nen que vas facer, pero mirade chegamos o venres e non sabiamos nada, nen onde comer, pero ao día seguinte sentiámonos amsterdaneses de puro sangue, isto débese a que todos son moi amables e a cidade aínda que grande é moi acolledora e fácil de percorrer. O mellor que fixemos foi ir aos sitios onde van eles, ver o que eles ven, pensar como eles e movernos nos seus transportes, a bicicleta, por exemplo.

As casas son moi bonitas, non hai edificios altos e todas coa súa forma típica,
quedaría a vivir alí.

Tamén fixemos excursións a Amberes, Bruxelas e Colonia. Demos paseos en barco polo canais da venecia do norte: AMSTERDAM.

Un lugar polo que chorei , co que rín e ao que amei, volverei ...

25/4/09

Interinformativos


Xa vedes, incluso sae na tele o meu blogue. Un día encendes o voso televisor e falan de vós !

Divertídevos !

24/4/09

Os unicornios


Os unircornios son seres míticos e fantásticos protagonistas de diversas lendas. Na Idade Media estaban considerados como un animais maravillosos capaces de derrotar a un elefante. Ademais, dicíase que co seu único corno podían purificar as aguas contaminadas para volvelas potables. Vivían solitarios e moi esquivos, aínda que igualmente agresivos, por iso a súa caza é díficil. Os nobres daqueles tempos contrataban aos máis experzos furtivos indios para darlles caza. Eu persoalmente nunca tiven a sorte de atoparme con un só unha vez nun videoxogo observei os seus hábitos nos bosques !
Se queredes saber máis clicade na imaxe.

23/4/09

Día do libro


Viches algunha vez a un peixe recitando "El Quijote"? Clica na imaxe... Feliz día do libro!

18/4/09

O blogue de Hugo


Hugo ten un blogue que arrasa, cos seus gustos musicais e as súas opinións chegará ao máis alto, polo de pronto vós visitádeo, clicando no seu nome, e non vos arrepentiredes!

12/4/09

Semana Santa

Ola a tod@s, hoxe ao espertar na miña cama e abrir os ollos non vin os meus pais ao meu carón, nin o sol no alto do ceo, nin sequera o arrecendo do almorzo buffet. Diredes, pero por que ías ver esas cousas na túa propia casa ? Iso débese a que esta semana estiven en Gran Canaria, unha illa do arquipélago canario a dúas horas e media en avión desde Santiago de Compostela.
Pero xa rematou todo, só quedarán na miña memoria os baños interminables nas cristalinas aguas das praias e as vistas do océano desde o ascensor panorámico do hotel. Todo termina e empeza de novo , pero hoxe, domingo de resurrección para min non é o mesmo, non teño ganas de nada. Só penso, mentres as lágrimas escorregan polas miñas meixelas, que a esas horas estaría torrándome ao sol de alá. Dado a súa proximidade ao deserto do Sáhara e ao Trópico de Cáncer, o verán xa chegou polas terras canarias. Mais onte cando cheguei de volta ao aeroporto, regresei de súpeto ao inverno galaico, con 8 graos e chubasqueiro deixei atrás o recordo da mañá en vestido de manga sisa e bañador na praia de Amadores (vémola baixo).Todo rematara. Ata a próxima.


Nos seguintes post que publicarei , poñerei as fotos máis bonitas e as anécdotas máis divertidas. Espero que vos gusten e vos animedes a visitar esta preciosa illa con forma de vieira que flota no medio do Atlántico.

28/2/09

Littlest Pet Shop


Estes animaliños deformados e con movento da cabeza conseguirán sacar o neno que levamos dentro, a súa ollada enternecerá a nosa alma e non seremos capaces de deixar de xogar con eles!
No mercado hai desde xogos para videoconsolas, Pc, peluches interactivos, cromos, coleccionables ata as indiscutibles figuriñas xa coñecidas en todo o mundo.
No meu fogar teño nada menos que 61 animais cos seus respectivos accesorios e parques.
Animádevos a xogar con eles, xa veredes que ben o pasades !